HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra engregou máis de 100 tarxetas de acceso á...

O concello de Salvaterra engregou máis de 100 tarxetas de acceso á biblioteca municipal

- Anuncio -spot_img

O concello de Salvaterra engregou máis de 100 tarxetas de acceso á biblioteca municipal

Dous meses despois da inauguración do novo sistema de acceso á Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño xa son máis de 100 as tarxetas entregadas ós usuarios e usuarias, 

O sistema de acceso autónomo a través de tarxeta permite facer uso das instalacións nun horario máis amplio para o estudo. A través deste sistema novo e pioneiro na nosa contorna aquelas persoas que precisan estudar ou facer uso do espazo xa o fan accedendo ó espazo coa súa tarxeta. 

Os usuarios e usuarias acceden á Biblioteca Municipal nun horario de luns a xoves de 08:00 a 22:00 horas e de venres a domingo de 08:00 a 00:00 horas. 

En canto ó horario de atención ó público é de luns a venres de 10:00 a 12:00 e 16:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. 

Aquelas persoas que queiran solicitar a tarxeta de acceso á Biblioteca poderán facelo a través do formulario que atoparán na páxina web ou ben solicitando dito impreso no propio Concello. Unha vez cuberto deberán presentalo por rexistro ou a través da sede electrónica. Posteriormente entregarase a tarxeta a cada usuario ou usuaria.

Publicacións Relacionadas