HomeO RibeiroCenlleLuis Menor anima a Rebeca Sotelo a iniciar unha “longa traxectoria política”...

Luis Menor anima a Rebeca Sotelo a iniciar unha “longa traxectoria política” como primeira alcaldesa de Cenlle, espremendo todo o potencial do municipio para contribuír tamén ao progreso da provincia

- Anuncio -spot_img

·      O presidente provincial afirmou que ademais de representar ao partido nun concello resulta fundamental que tamén “teñamos presente que formamos parte dunha estrutura moito más ampla”, referíndose á forte implantación do PP no territorio

·      A presidenta local advertiu que desde a súa responsabilidade quere conseguir que as siglas do PP transcendan máis aló da política e a xente de Cenlle, “para que se achegue a nós porque saben que imos escoitalos e procurarlles solucións” 

Rebeca Sotelo Fernández (Cenlle, 1987) é desde esta mañá a presidenta oficial da agrupación local do Partido Popular de Cenlle, cargo que exercía en funcións ata hoxe. A tamén alcaldesa do municipio conseguiu a confianza maioritaria dos compromisarios convocados ao congreso local, que se celebrou na Casa do Pobo de Laias.

A cita contou coa presenza do presidente provincial do PP, Luis Menor, que animou a Rebeca Sotelo a iniciar unha “longa traxectoria política” como primeira alcaldesa de Cenlle, espremendo todo o potencial que ten o municipio para tamén contribuír así ao progreso de toda a provincia, ao tempo que destacou o seu espírito traballador, de proximidade e diálogo.

Resulta fundamental que ademais de representar ao partido nun concello “tamén teñamos presente que formamos parte dunha estrutura moito más ampla”, apuntou o presidente provincial referíndose á forte implantación do PP no territorio. Así pediu compromiso no labor local para que a xente “vexa e confíe nun partido nun partido unido e estable”.

“Rebeca ten bos mestres”, dixo Luis Menor, quen tivo palabras de agradecemento para Manuel García Montero, alcalde de Cenlle durante 42 anos, afirmando que semellante traxectoria demostra a súa valía como político no eido local, “que é onde se forxan os líderes fortes”.

Tamén referiuse Menor a outro exalcalde, o actual director xeral de Comercio e Consumo , Gabriel Alén, que foi quen de conseguir tres maiorías absolutas en Cenlle ata ser chamado a formar parte da lista do PP de Ourense nas eleccións autonómicas de 2020 e ser nomeado delegado territorial da Xunta.

REBECA SOTELO: “POR UN PRÓSPERO E MELLOR CENLLE”

Rebeca Sotelo agradeceu o apoio da militancia local e de todos os compañeiros de partido que se achegaron ao congreso, aos que pediu a colaboración para conseguir que as siglas do PP transcendan máis aló da política e que a xente de Cenlle “achéguese a nós porque saben que imos escoitalos e procurarlles solucións”.

Nesta liña afirmou que tanto como presidenta do PP local como da Corporación vai loitar por conseguir unha residencia de maiores, unha das importantes peticións da veciñanza, ademais “dun próspero e mellor Cenlle”.

MAIORÍA ABSOLUTA NA SÚA PRIMEIRA CITA COAS URNAS COMO CANDIDATA EN 2023

Rebeca Sotelo Fernández, empresaria do sector da viticultura, iniciou a súa andaina política en 2015 formando parte da lista do PP de Cenlle nas eleccións municipais dese ano. Continuou como concelleira logo dos comicios de 2019, pasando a ocupar a tenencia de alcaldía trala marcha de Gabriel Alén.

En outubro de 2022 Rebeca Sotelo accedeu á alcaldía converténdose así na primeira alcaldesa de Cenlle, encabezando a lista popular nas municipais de 2023 e obtendo a maioría absoluta.

Publicacións Relacionadas