Realizarase en oito etapas, as catro primeiras con noite no Camiño e as outras catro con ida e volta desde Nigrán en autobús. Existe opción de anotarse a todas ou só ás últimas
O Concello de Nigrán mantén aberto o prazo de inscrición ata este luns 28 de abril na Oficina de Información Cidadá para participar na realización do Camiño de Santiago desde O Cebreiro a Compostela en oito etapas ao quedar hoxe prazas libres. As catro primeiras etapas son facendo noite en réxime de media pensión en habitación dobre e as outras catro con ida e volta desde Nigrán. Desenvolveranse os días 10 e 11 de maio, 17 e 18 de maio (neste caso facendo noite) e os días 7, 14 e 21 de xuño. O prezo estándar para o Camiño completo é de 161,91 € (máximo 30 prazas) e para os que queiran facer só as derradeiras 4 etapas con ida e volta desde Nigrán cada día en autobús é de 62,74 € (54 prazas para esta opción). Cada etapa percorre unha distancia de entre 15 de 22 km e os participantes deberán levar a súa comida. A viaxe inclúe transporte en autobús ida e volta, guía acompañante, seguro e, no caso das catro primeiras etapas o aloxamento en media pensión.