HomePontevedraCaldasO goberno local de Caldas de Reis lamenta que a Xunta de Galicia...

O goberno local de Caldas de Reis lamenta que a Xunta de Galicia insista en suprimir unidades escolares do CEIP San Clemente 

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Jacobo Pérez, e o tenente de alcalde, Manuel  Fariña, critican que a decisión da Consellería de  Educación de non recuperar a terceira unidade de Infantil  no colexio caldense, a pesar de haber demanda de  matrícula suficiente, responde “á política de recortes do  Partido Popular no eido educativo” 

O feito de non recuperar a unidade a pesar de cubrir o  número mínimo obriga a realizar un proceso de baremación que provocará que varios solicitantes queden  sen praza, “que é o que busca o PP para poder pechar  centros escolares” 

O Goberno local de Caldas de Reis  amosa, unha vez máis, o seu rexeitamento á política de recortes da Xunta do  Partido Popular, que condena ao CEIP San Clemente a non dispoñer dunha  terceira unidade en Educación Infantil, a pesares de que “os números dan”. O  alcalde, Jacobo Pérez, e o tenente de alcalde, Manuel Fariña, desprazáronse este martes ata o centro educativo, onde constataron que existe una demanda  de matriculación máis ca suficiente para recuperar esta unidade, suprimida pola  Consellería de Educación o pasado curso. Tal e como lembraron os dirixentes,  municipais, a Xunta se comprometeu a reabrir a unidade se había demanda  suficiente, tal e como consta nunha resposta realizada ante a Valedora do Pobo, 

“se hai suficientes solicitudes, como así foi”. O Concello tamén amosou o seu  total respaldo á campaña de recollida de sinaturas promovida pola Asociación  de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas (ANPA) do colexio caldense, que se  iniciou este luns e conclúe o mércores. Estas rúbricas enviaranse á Consellería  de Educación. O documento foi asinado polos responsables do Goberno  municipal. 

Jacobo Pérez e Manuel Fariña advirten de que a supresión da unidade de Infantil  o que provoca é que, ante o elevado número de peticións de matriculación, se  leve a cabo un proceso de baremación, o que conlevará que “haxa solicitantes  que queden fóra, algo que non sucedería de non ser suprimida esa unidade”. 

Neste sentido, o concelleiro nacionalista criticou que a Consellería “este a  provocar unha limitación nas matriculacións, en vez de abrir a unidade cando hai  demanda suficiente, obrigando a baremar”, algo que o propio Fariña xa advertiu  que sucedería no Pleno ordinario do pasado mes de setembro, cando a  Corporación aprobou unha moción para esixir á Xunta de Galicia a reapertura da  devandita unidade escolar do CEIP San Clemente. 

O Goberno local amosa a súa preocupación pola actuación que está a realizar o  Goberno autonómico, xa que “con este xeito de proceder o que está a provocar  a Xunta de Galicia é unha limitación no número de alumnos e alumnas, o que  acarreará consecuencias moi negativas para o colexio”. Tanto o rexedor como o  tenente de alcalde teñen claro que isto é consecuencia da “nefasta política de  recortes que o Partido Popular aplica en eidos tan importancies como a educación ou a sanidade, e que en Caldas de Reis levamos moitos anos  padecendo”.

Publicacións Relacionadas