HomeVigoNigránO Concello de Nigrán completará as obras de accesibilidade e eficiencia enerxética...

O Concello de Nigrán completará as obras de accesibilidade e eficiencia enerxética en toda a Casa Consistorial

- Anuncio -spot_img

No ano 2015 reformouse a planta baixa neste sentido e agora as obras afectarán á zona de Servicios Sociais, á planta superior do vello edificio e á totalidade da carpintería de aluminio

O orzamento total é de 871.890 € dos que 653.917 € correrán a cargo do ‘Plan Provincia Extraordinario’ da Deputación de Pontevedra

“Sendo una administración pública fundamental para a veciñanza, todavía gran parte do edificio vello do Concello ten barreiras arquitectónicas incompatibles co ‘Nigrán para todos’ que estamos buscando”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán completará neste ano a reforma da Casa Consistorial para facela 100% accesible (funcional e cognitivamente) e gañar en eficiencia enerxética. Deste xeito, as obras que se levaron adiante no ano 2015 en boa parte da planta baixa extenderanse agora á área de Servizos Sociais e a todo o segundo andar do edificio vello, ademáis de comprender á totalidade da carpintería exterior e implicar o aillamento térmico da fachada. O orzamento total é de 871.890 € dos que 653.972 € correrán a cargo do ‘Plan Provincia Extraordinario’ da Deputación de Pontevedra, tal e como formalizou hoxe o alcalde, Juan González, co presidente do organismo provincial, Luis López.  

“Sendo unha administración pública fundamental para a veciñanza, todavía gran parte do edificio vello do Concello ten barreiras arquitectónicas e cognitivas incompatibles co ‘Nigrán para todos’ que estamos buscando”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca tamén que se continuará coa instalación de pictogramas, sinais ou letreiros comprensibles tamén para persoas con diversidade, tal e como xa figura no primeiro andar desde 2015.

A parte do edificio antigo que non se tocou nas devanditas obras do ano 2015 é un espazo moi deteriorado polo uso e a carencia de reformas, polo que conta cunha distribución pouco axeitada para o seu correcto funcionamento e non está adaptado ás normativas que foron xurdindo, consecuentemente, presenta problemas de accesibilidade. A maiores, toda a área vella presenta un grave problema de consumo enerxético que se vai a solventar co cambio de carpintería exterior, aillamento da fachada e da cuberta e instalación de placas solares fotovoltaicas. “Suporá un aforro enerxético radical e, polo tanto, un paso máis a favor da sostibilidade ambiental que estamos a buscar en todas as infraestruturas municipais”, engade González, quen enmarca esta acción no ‘Pacto Europeo de Alcaldes polo Clima e a Enerxía’ para acadar unha reducción das emisións de CO2 nun 40% de aquí a 2030 (en Nigrán isto supón o compromiso de que o municipio deixe de lanzar 23.271 toneladas de CO2 á atmósfera tomando como referencia as cifras do ano 2017).

A reforma suporá tamén unha redistribución dos espazos de todos os andares superiores do vello edificio, onde figuran as estancias de Conserxería, Desenvolvemento Local, Unidade Central-Padrón, secretaría, prensa, turismo, deportes e despachos dos concelleiros do gobernó e da oposición, prestando especial atención a salvar as escaleiras, aos actuáis WC (todos inaccesibles para persoas con problemas de mobilidade) ou á zona da espera da veciñanza para facela máis confortable.

Publicacións Relacionadas