Aprobou o proxecto de ordenanza de protección contra a contaminación acústica do Concello de Ourense
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reuniuse este mediodía no salón de plenos na súa sesión ordinaria desta semana, na que aprobou 10 acordos.
Patrimonio (1). Desestimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial porque o Concello non é a administración competente para resolvela. As actuacións remitiranse ao Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Persoal e Recursos Humanos (1) Aprobar a modificación, na relación de postos de traballo do Concello, de 2 postos de unidades administrativas dependentes da área de goberno de Obras Públicas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente e Urbanismo, concretamente as de técnico asesor de abastos e a de director de VVPP e Peris de cascos históricos. O expediente someterase a información pública durante un prazo non inferior a 20 días.
Xestión económica e orzamentaria (1) Aprobar unha relación de facturas correspondentes a gastos realizados no exercicio de 2024 ou anteriores, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no dito exercicio.
Licenzas (1). Rectificación dun acordo aprobado na Xunta de Goberno Local do día 24 de abril.
Avogacía Consistorial (5). Dar conta de 2 sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense e de 3 autos ditados polo Xulgado de Primeira Instancia número 4.
Alcaldía (1) Aprobar o proxecto de ordenanza de protección contra a contaminación acústica do Concello de Ourense. Darase traslado deste proxecto aos grupos políticos municipais, que poderán formular emendas nun prazo de 10 días hábiles, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao que reciban a comunicación deste acordo.