HomeOurenseOurensePodemos Ourense condena a expulsión de inmigrantes dun autobús en  Ourense e...

Podemos Ourense condena a expulsión de inmigrantes dun autobús en  Ourense e recorre á Fiscalía para que investigue se é delito  

- Anuncio -spot_img

Desde Podemos Ourense queremos expresar a nosa máis firme condena polos feitos  acontecidos recentemente na nosa cidade, onde varias persoas inmigrantes foron  expulsadas dun autobús da empresa Monbus nun acto que consideramos absolutamente  discriminatorio e inaceptable nunha sociedade democrática.  

Tal e como sinalou o noso portavoz, Francisco Diegüez, “a discriminación por motivo de  orixe ou raza non pode ter cabida nin no transporte público nin en ningún outro ámbito da  vida social. Non imos permitir que feitos tan graves pasen sen consecuencias”.  

Ante a gravidade deste suceso, Podemos Ourense xa presentou un escrito ante a Fiscalía  Provincial solicitando a apertura dunha investigación para determinar se estes feitos son  constitutivos dun delito de odio ou discriminación, tal e como recolle o Código Penal  español.  

Esiximos que se depuren responsabilidades e que a empresa Monbus e as institucións  públicas garantan os dereitos de todas as persoas, con independencia da súa  procedencia. A nosa cidade merece ser un exemplo de respecto, igualdade e convivencia.  

Facemos un chamamento á sociedade ourensá para que actúe con firmeza fronte a  calquera acto de racismo e discriminación. Non podemos calar ante este tipo de  agresións.  

Por unha Ourense respectuosa, igualitaria e libre de odio.

Publicacións Relacionadas