HomePontevedraO CondadoPreto de 16.000 pinchos vendidos durante a II edición de Pinchoterra 

Preto de 16.000 pinchos vendidos durante a II edición de Pinchoterra 

- Anuncio -spot_img

A ruta que contaba con 25 locais participantes superou cada xoves e venres o número de pinchos elaborados durante a primeira edición reforzando así o servizo debido a demanda do público. 

A II Ruta Pinchoterra de Salvaterra de Miño rematou o pasado venres superando as cifras da primeira edición e contando cunha alta participación do público que a pesares do tempo non deixou de degustar as propostas gastronómicas dos locais participantes. As cifras son notables chegando este ano case ós 16.000 pinchos servidos durante os xoves e venres do mes de abril. 

O público, que valorou positivamente a elaboración nas propostas gastronómicas tamén con opción veganas, vexetarianas e sen glute, percorreu durante este mes os 25 establecementos de hostalaría enchendo os locais e rúas da vila e das parroquias. 

Agora chega o momento tan esperado entre o público, o vindeiro luns 5 de maio procederase a realizar o sorteo dos 38 premios que consisten nun primeiro premio dun vale de 200 euros, un segundo de 100 e un terceiro de 75 euros para consumir nos locais adheridos, 25 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros. O luns o sorteo e reconto realizarase ás 18:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño contando cos hostaleiros e estará aberto ó público en xeral. Posteriormente publicaranse @s gañadores dos sorteos da ruta na páxina web pinchoterra.concellodesalvaterra.com

Publicacións Relacionadas