A celebración das festas do barrio de Vistafermosa requirirá pechar ao tráfico mañá, sábado, día 3 de maio, a Praza Alfonso Alcaraz, a partir das 16.00 horas, e a Avenida de Vistafermosa desde as 20.00 horas. Desde esta hora, os autobuses da liña número 5 do servizo de transporte urbano, “Outariz – Reza – Ceboliño” farán o seu percorrido, nos dous sentidos, pola rúa Isaac Piñeiro.