HomeO RibeiroCastrelo de MiñoLuis Menor agradece ao Concello de Castrelo de Miño “o seu empeño...

Luis Menor agradece ao Concello de Castrelo de Miño “o seu empeño en honrar os valores dos nosos maiores” a través da celebración anual da súa Festa do Maior

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, Luis Menor, participou neste festexo que cumpre este ano 4 edicións coas persoas maiores como grandes protagonistas: “Vós sodes os que nos fixestes medrar como sociedade e ser o que somos”

O presidente provincial, Luis Menor, participou honxe na IV Festa do Maior, acompañado polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Menor transmitiulle ao alcalde de Castrelo de Miño o seu agradecemento, en nome da Deputación, polo seu “empeño” en “honrar os valores dos nosos maiores” a través dunha celebración anual adicada a eles, a Festa do Maior. Precisamente, o presidente provincial recalcou que as persoas protagonistas deste festexo “sodes os que nos fixestes medrar como sociedade e ser o que somos”.

“Sen vós, non teríamos moitas das cousas que ás seguintes xeracións nos fixeron medrar como persoas e crer na nosa sociedade: educación, valores, compromiso, capacidade de esforzo e, creo que hoxe máis que nunca, coidado dos nosos maiores”, recalcou Menor, quen sinalou que o obxecto da Festa do Maior é festexar a idade: “Porque os anos son vida, queridas veciñas e veciños. E iso hai que polo en valor”.

Precisamente por elo, o presidente provincial proclamou que “para a Deputación é e seguirá a ser unha prioridade desenvolver políticas públicas que melloren a calidade de vida e o benestar das persoas maiores”.

Publicacións Relacionadas