O domingo 18 de maio todas aquelas persoas que queiran visitar o museo poderán facelo de forma gratuíta previa inscrición.
O vindeiro domingo 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño ubicado no recinto amurallado.
De xeito gratuíto e por grupos os visitantes descubrirán este espazo de características únicas en España, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía altamente interactivo, didáctico e idóneo para o desfrute de toda a familia. O horario de visita será de 11:00 A 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é preciso porse en contacto co museo a través do seguinte formulario https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSduKn874uVCsTfnuEIUMmgRFtEo0TgmkW et8b6Z0BEEbnTOrQ/viewform