HomeXunta de GaliciaA Xunta salienta o compriomiso coa continuidade da planta de Sargadelos Cervo...

A Xunta salienta o compriomiso coa continuidade da planta de Sargadelos Cervo garantindo os postos de traballo e o cumprimento da lexislación vixente

- Anuncio -spot_img
  • José González puxo en valor que o Goberno autonómico traballa con seriedade e discreción mediando para dar solución á situación de Sargadelos e apelando á máxima responsabilidade das partes
  • Reiterou o apoio á empresa para implantar coa flexibilidade as medidas subsanadoras, tendo en conta as singularidades do edificio BIC, pero sempre mantendo a actividade e respectando os dereitos laborais das persoas traballadoras
  • Incidiu en que o rigor que está a caracterizar a xestión da Xunta é “o camiño oposto ao demostrado polo señor Gómez Besteiro, protagonizando unha performance dentro da propiedade privada de Sargadelos e enredando só en busca dun titular”

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo en valor que a Xunta de Galicia traballa con rigor, seriedade e discreción mediando para dar solución á situación de Sargadelos, pedindo ás partes a máxima responsabilidade para garantir a continuidade da planta de Cervo e de todos os postos de traballo, respectando os dereitos das persoas traballadoras e, por suposto, toda a lexislación vixente. Así o sinalou esta tarde no pleno do Parlamento, no marco da resposta a unha pregunta sobre a situación da empresa.

José González remarcou que a posición conciliadora da Xunta é clara e pública, reiterando o apoio á empresa para implantar coa flexibilidade permitida pola lexislación as medidas subsanadoras das deficiencias detectadas —tendo en conta as singularidades do edificio, declarado Ben de Interese Cultural (BIC)— pero mantendo a actividade e respectando os dereitos laborais das persoas traballadoras.

Neste senso, incidiu en que o rigor que está a caracterizar a xestión da Xunta é “o camiño oposto ao demostrado polo señor Gómez Besteiro, protagonizando unha performance dentro da propiedade privada de Sargadelos e enredando só en busca dun titular”.

José González reafirmou que a Xunta segue a disposición para colaborar e asesorar na procura de solucións que permitan manter e seguir impulsando a actividade industrial, asegurando todos os postos de traballo e a seguridade laboral.

Publicacións Relacionadas