A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reuniuse este mediodía no salón de plenos na súa sesión ordinaria desta semana, na que aprobaron 25 asuntos distribuídos nas seguintes áreas:
Avogacía Consistorial
Dar conta de 9 sentenzas, 1 no Tribunal Superior da Xunta de Galicia; 1 Xulgado contencioso-administrativo núm. 2 de Ourense; 1 Xulgado do Social núm. 2 de Ourense; 4 Xulgado do contencioso- administrativo núm. 1; 1 Sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense e 1 do Xulgado do Penal e foi emprazado para comparecer en calidade de demandado en 6 procedementos.
Servizo de Licenzas urbanísticas de actividade, apertura e disciplina
Expediente de disciplina urbanística 2024054105. Mal estado dos inmobles sitos na rúa Tras Estadio.
Servizo de Planeamento, xestión urbanística e patrimonio
Cinco reclamacións por diversas caídas na rúa.
Asuntos Sociais
Aprobación Modificación do regulamento do Consello Municipal de Servizos Sociais.
Persoal e Recursos Humanos
Proceso selectivo para a cobertura polo sistema de libre designación do posto de traballo nº 256 da RPT, Asesor Xurídico (Titular da Asesoría Xurídica), persoal directivo do Concello de Ourense.



