Viticultores e colleiteiros presentan, por separado, os mellores brancos e tintos
Un xurado formado por profesionais do sector do viño é o responsable de evaluar a calidade dos caldos que concurriron á VI Cata Profesional das adegas da IXP Ribeiras do Morrazo que se celebrou en Riomaior no marco da XII Festa do Viño e máis á cata dos colleiteiros locales locais. Terán que escoller o mellor branco e mellor tinto en cada unha das dúas categorías á que cada adega e cada colleiteiro presentou unha botella do seu mellor viño. Todo elo coordinado por José Manuel Fernández Castro, do Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Consellería de Medio Rural a quen o Concello de Vilaboa agradece a súa colaboración continuada na organización deste evento, no que actuará este ano como fedatario. Os gañadores non se coñecerán ata mañán domingo, na entrega dos recoñecementos prevista para as 13.30 horas na carpa instalada en Riomaior.
Será xusto antes do pregón que nesta edición corre a cargo de Xan Lorenzo, natural de Paredes e coñecido humorista da TVG.
Na inauguración da XII Festa do Viño César Poza estivo acompañado no palco por Elisa Ruibal García “Casa da Boullosa”; Manuel Collazo Fernández; Jesús Amoedo Leiro “Casa da Torre”; Martín Torres González “Casa Cañoteira”; Nilda Alvariña, Furancho Antonio, Furancho de Jorge, Adega Ardán (Marín) e “Adega Os Areeiros” e Bodegas Costas de Exportación, e aproveitou a ocasión para agradecer aos colleiteiros que manteñan “o nobre arte de facer o viño de xeito tradicional” e aos adegueiros “que tiveran a valentía de dar o paso cara a profesionalización do sector” e insistiu en que a Festa rinde tributo ao traballo do sector vitivinícola, que ten un peso destacado na economía local con más de 400.000 metros cadrados de viñedo no municipio.
Nos stands descorcharonse as primeiras botellas de viño da mañán para TastEspai, un colectivo de Mallorca que se desprazou exclusivamente ás Rías Baixas para ampliar as súas experiencias e coñecementos gastronómicos en torno a uns viños con moita personalidade.
E xunto ás casetas de degustación de viño e postos de comida está o apartado cultural e artesán. As palilleiras de Figueirido amosan a súa arte e os traballos. Palillos, fíos, agullas, mundillos, moita destreza, creatividade, paciencia e concentración facilita que estas mulleres de Vilaboa capten co seu bo facer a atención de quen se achegue ao recinto da festa para degustar os caldos da IXP do Morrazo e dos adegueiros locais. Xunto a elas está Laura Filgueira con ERRE3; Carmen Castro con Cachiboreta e Obradoiro Hedra.