- O programa Ronsel, da concellería de Igualdade e Benestar Social, achegou, un ano máis, esta excursión, de balde, para persoas maiores de 65 anos.
- Unha cita que tivo lugar ao longo de todo o domingo 11 de maio na cidade de Ourense e no Parque Municipal do Carballiño.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, a concelleira de Asociacións, Charo Bouzón, a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña e o concelleiro de Réxime Interior, Diego Moreira, acompañaron na xornada do 11 de maio a máis de 270 maiores de 65 anos do concello de Soutomaior a esta excursión, cuxo destino, neste 2025, foi a cidade de Ourense e o parque Municipal do Carballiño.
Unha iniciativa que chegou ao concello dentro do programa RONSEL co fin de desfrutar do avellentamento activo e do tempo de lecer a través dos espazos naturais, da cultura, da historia e da natureza.
A excursión, foi totalmente de balde e incluíu: traslado en autobús dende o concello ata Ourense. Unha vez que chegaron os cinco autobuses a destino, divididos nos mesmos grupos do autobús fixeron unha visita guiada por Ourense, para coñecer máis sobre a historia do Casco Antigo da Cidade das Burgas. Sobre as 13:15h. aproximadamente partiron de Ourense ao Parque Municipal do Carballiño. Alí foron recibidos polo alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, e do concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal quenes agasalloron ao alcalde, Manu Lourenzo, cun obsequio mítico desta vila como é un prato da Festa do Polvo.
Ambos alcaldes, o de Soutomaior e o de Carballiño, deron á benvida a todas e a todos neste encontro. E tralas palabras de agradecemento chegou o momento do xantar. Un xantar que incluíu entrantes, prato principal (carné ou peixe), sobremesas, café e chupitos. Trala comida chegou a quenda de mover o esqueleto, a partir das 16:30h., coa verbena amenizada polo Trío Tic Tac. Ás 19:00h. chegou a hora do regreso tras unha xornada de moito desfrute e divertimento. Dende o concello xa anunciaron que dende xa se porán a traballar na excursión do vindiero ano. Unha cita feita con moito agarimo e adicación por parte da concellería de Igualdade e de Benestar Social.