HomeBaixo MiñoA GuardaO Tocamúsica repite na Guarda para levar concertos aos recunchos da vila...

O Tocamúsica repite na Guarda para levar concertos aos recunchos da vila durante todo o verán

- Anuncio -spot_img

Este ano o Concello da Guarda volve coa segunda edición do Tocamúsica.

Este mes de maio sae novamente á rúa o ciclo de concertos Tocamúsica que procura levar actuacións en directo ata ás prazas e recunchos da nosa vila.

O calendario deste ano 2025 arranca o próximo sábado 24 de maio coa actuación de Mambas Negras, a quen poderemos desfrutar na Praza Avelino Vicente ás 12:30h.

Xa en xuño, o domingo 8, o grupo local Ínsua Band deleitaranos coa súa música na rúa do Porto ás 12:30h. En xullo pasaremos ao horario de tardiña ás 21h coa actuación de Litus, Novoa e Pirata o xoves 10. E para rematar, volveremos cunha sesión vermú ás 12:30h o domingo 31 de agosto co concerto de Wonder Covers na rúa Concepción Arenal, fronte a igrexa de San Bieito.

Este programa pretende ser unha cita que marcar na axenda, un evento divertido, onde a música é a protagonista e no que compartir un espazo público e un momento de ocio con amigas e amigos, será algo importante nos nosos calendarios sociais. 

Así que a partir de maio, xa tedes unha cita musical cada mes co Tocamúsica 2025, programa que conta co apoio do plan +Provincia.

Publicacións Relacionadas