HomeVigoNigránO Concello de Nigrán opta ao premio nacional 'Arquitectura 2025' pola rehabilitación do...

O Concello de Nigrán opta ao premio nacional ‘Arquitectura 2025’ pola rehabilitación do muíño de Porto do Molle

- Anuncio -spot_img

Un total de 11 obras de estudos galegos foron seleccionadas para este premio estatal promovido polo Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e COMPAC

Respetouse ao máximo a súa orixinalidade e púxose a funcionar mediante a reposición dos mecanismos e da disposición dunha nova canle hidráulica. O proxecto correu a cargo do estudo vigués Gándara#Pons, gañadores do premio COAG de Galicia á mellor edificación dos anos 2021-2022 pola Biblioteca Municipal de Nigrán

“Esta nominación chega nunha semana especialmente importante para o Concello, a das Letras Galegas, sendo o Muíño de Porto do Molle o escenario da maioría dos nosos actos. É un orgullo contar con esta infraestrutura e que, ademais, recoñezan o cariño coa que foi rehabilitada para o goce de toda a veciñanza”, considera o alcalde, Juan González.

O Concello de Nigrán opta ao prestixioso premio nacional ‘Arquitectura 2025’ promovido polo Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSAE) e COMPAC grazas á rehabilitación do muíño de Porto do Molle. Un total de 11 obras galegas foron seleccionadas polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) de entre as 32 propostas recibidas, tal e como anunciaron hoxe en rolda de prensa. O resultado coñecerase o vindeiro 3 de xullo no transcurso dunha cerimonia en Madrid.

Situado en pleno parque empresarial ao carón do río Muíños e en estado ruinoso desde había máis de 30 anos pese ao seu gran valor histórico e etnográfico (só se conservaban as paredes) esta infraestrutura volveu a funcionar desde o ano pasado con fins didácticos tras un investimento de 238.000 € por parte do Concello de Nigrán. O proxecto correu a cargo do estudo vigués Gándara#Pons, gañadores do premio COAG de Galicia á mellor edificación dos anos 2021-2022 pola Biblioteca Municipal de Nigrán.

“Esta nominación chega nunha semana especialmente importante para o Concello, a das Letras Galegas, sendo o Muíño de Porto do Molle o escenario da maioría dos nosos actos. É un orgullo contar con esta infraestrutura e que, ademais, os propios profesionais recoñezan o cariño coa que foi rehabilitada para o goce de toda a veciñanza. Cando a xente visita o muíño sinte unha nostalxia moi especial, é parte da nosa Historia e valoran moito que se teña recuperado con este agarimo”, considera o alcalde, Juan González.

Entre os outros proxectos seleccionados polo COAG están a Casa Mallou, en Santiago de Compostela; o Centro Cultural Forges, na Fonsagrada; o Muíño de Porto do Molle, en Nigrán; a rehabilitación Fondodevila, en Parada de Sil; o Pazo de Martelo, en Rianxo; o Xardín de Panchés (A casa das silvas), en Panchés (Carnota); a Cabane 7L, en Roma (Italia); o Ascensor Urbano “HALO”, en Vigo; a Praza do Pombal, en Carballo; o “Carreiro do Rollo”, en Salceda de Caselas; e o proxecto de divulgación “VAD 11. Os Arquivos”. Todos forman parte das 201 propostas escollidas de estudos de toda España.

Precisamente, o Concello inaugurou o muíño coa estrea dun documental sobre a súa rehabilitación e historia, realizado por Cris Grande e con 40 minutos de duración. Este pódeser ver en youtube https://youtu.be/b4qAoZQTylo e na web do Concello www.arquivoaudiovisualnigran.org, creada no 2021 co obxectivo de recuperar e preservar o pasado máis recente do municipio e, por outra banda, difundilo.

A rehabilitación

O obxectivo do proxecto de Gándara#Pons foi reparalo respectando ao máximo a súa orixinalidade e poñelo a funcionar mediante a reposición dos mecanismos (que estaban desaparecidos, igual que a cuberta) e da disposición dunha nova canle hidráulica. A construción é unha das máis grandes da comarca cunha planta rectangular de 25 x 6,5 m e chegou a ter tres moas en funcionamento, recuperándose agora unha. Trátase dunha edificación do S.XVIII que consta do propio muíño, almacén e vivenda anexa nun único volumen no que o sótano está aberto ao exterior mediante tres arcos de medio punto polos que ía a auga tras moverse o mecanismo de rotación (as obras e movementos de terra no parque empresarial implicaron soterrar a canalización de abastecemento e evacuación ao río Muíños, polo que actualmente non ten conexión ao río, sen embargo, creouse un circuíto pechado para que poida funcionar).

Esta restauración implicou repoñer e acondicionar a envolvente do edificio, restaurar os paramentos da edificación e infraestruturas hidráulicas e, finalmente, recuperar e repoñer os elementos xa desaparecidos de roturación e trituración. Así, na sala correspondente ao propio muíño fíxose unha intervención mínima instalando unha cuberta de madeira de castiñeiro con cerchas e correas, tal e como tradicionalmente se facía, e, adicionalmente, no chan se repararon as grandes lousas de granito que estaban deterioradas. Na sala que era vivenda ou almancén creouse unha pequena sala de exposicións ou multiusos cun sistema estrutural moderno a base de madeira laminada e tirantes de aceiro, ademais, habilitáronse dous aseos, un deles adaptado a persoas con mobilidade reducida. O edificio mantén tres accesos independentes: o do propio muíño, o da sala e un central que da ao vestíbulo desde onde acceder ás dúas salas ou wc. A maiores, intervíuse na zona verde da contorna do muíño, onde os desniveis de terras se adaptaron mediante bancais para permitir contemplar mellor todas as partes do muíño.

Publicacións Relacionadas