HomeA CoruñaO Concello recibe ao Club Kempo Pobra polos éxitos acadados nos campionatos nacional...

O Concello recibe ao Club Kempo Pobra polos éxitos acadados nos campionatos nacional e mundial

- Anuncio -spot_img

·       Os deportistas, xunto co equipo técnico do club, foron recibidos polo alcalde, José Carlos Vidal, e polas concelleiras Amparo Cerecedo, Patricia Lojo e Estefanía Ramos

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu, hoxe, un acto de recepción oficial ao Club Kempo Pobra en recoñecemento polos extraordinarios resultados acadados no Campionato Nacional e no Campionato Mundial desta disciplina, así como polo excepcional labor desenvolvido polo seu equipo técnico.

Os deportistas foron recibidos polo alcalde, José Carlos Vidal, e polas concelleiras Amparo Cerecedo, Patricia Lojo e Estefanía Ramos.

No Campionato Nacional, celebrado o pasado mes de marzo en Guadalajara, participaron 22 competidores e competidoras do club pobrense nas distintas modalidades. Nesta competición conseguiron traer varias medallas, reflectindo o gran traballo levado a cabo ao longo de toda a tempada.

Así mesmo, no Campionato Mundial de Kempo, que tivo lugar en abril en Caldas da Raíña (Portugal), o club contou con 5 representantes que lograron varias medallas de ouro, prata e bronce, situando novamente o nome da Pobra no máis alto do panorama internacional desta disciplina.

Publicacións Relacionadas