O parque provincial de Boiro acudiu onte, sobre as 17:00 h, a unha chamada que alertaba dun accidente cun vehículo envorcado na AG11.
Unha vez no punto, os bombeiros provinciais comprobaron que só había un vehículo implicado e envorcado. A súa labor consistiu en prestar apoio na atención á persoa ferida, que foi finalmente trasladada ao Hospital San Rafael.
No operativo participaron tamén Garda Civil de Tráfico, 061 e SMPC de Boiro.