● O prazo de preiscripción abre o martes 13 de maio.
● Os de conciliación están dirixidos a nenos e nenas nacidos entre 2013 e 2021 e os deportivos aos nados entre 2011 e 2017.
O Concello de Miño oferta ata 610 prazas nos seus dous campamentos de verán este ano, co obxectivo de dar aos pequenos e pequenas unha alternativa de lecer durante a tempada estival, favorecendo así a conciliación da vida laboral e familiar.
O prazo de preinscrición abrirá o martes 13 de maio, e estará dispoñible ata o luns 26 de maio ás 12 horas.
Os de conciliación están dirixidos a nenos e nenas nacidos entre os anos 2013 e 2021, ambos inclusive, e dividiranse en catro quendas: primeira e segunda quincena de xullo e primeira e segunda quincena de agosto. Poderanse solicitar os catro quendas pero darase preferencia a que todos os solicitantes teñan concedido un.
levarán a cabo en dous espazos diferentes: o local social de Bemantes e o local social de Xarío. Ofértanse 80 prazas nas tres primeiras quincenas, e 70 a última.
O horario de entrada poderá ser en calquera momento entre as 7:30 e as 9:30 horas ou ás 10:00 horas e o de saída ás 14:00 horas ou entre as 15:00 e as 16:00 horas. Non hai servizo de comedor polo que se deberá traer a comida de casa e existe a posibilidade de quentala nun microondas.
No caso dos campamentos deportivos están dirixidos a nenos e nenas nacidos entre os anos 2011 e 2017, ambos inclusive, e dividiranse en catro quendas: do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 14 de agosto e do 18 ao 29 de agosto.
A zona de entrega e recollida dos participantes será o centro socio cultural de Loios e priorizaranse as actividades ao aire libre nos diferentes espazos naturais e deportivos do municipio. Ofértanse 80 prazas nas dúas primeiras quincenas e 70 nas dúas segundas, formándose grupos dun máximo de 10 participantes.
Darase prioridade ás persoas empadroadas en Miño. O horario de entrada poderá ser ás 9:00 horas ou ás 10:00 horas e o de saída ás 14:00 horas.
As solicitudes poderán presentarse de forma telemática a través da sede electrónica ou presencialmente no Rexistro. Publicaranse as listas definitivas na web municipal.
Ambos os campamentos non faltan á súa cita, do mesmo xeito que o ano pasado, e cumprindo co Plan de Igualdade municipal, a opción de conciliación outorga prioridade ás fillas e fillos de persoas que traballen en Miño.
Toda a información está dispoñible na web municipal https://www.concellodemino.gal/gl/post/campamentos-de-veran-2025