HomeOurenseOurenseO Concello reservará un espazo peonil xunto ao Pavillón dos Remedios para...

O Concello reservará un espazo peonil xunto ao Pavillón dos Remedios para que o público poida desfrutar do espectáculo de drons do sábado nas Festas do Couto

- Anuncio -spot_img

As actuacións das orquestras e Luar na Lubre serán na rúa Dalí

O Concello de Ourense reservará unha ampla zona peonil este sábado para que o público poida desfrutar do visionado do espectáculo de drons programado para as 23.30 horas dentro das Festas do Couto 2025.

Será na contorna da glorieta da Bola do Mundo, xunto ao Pavillón Municipal dos Remedios, nun espazo que será pechado ao tráfico para que as persoas que o desexen poidan ver a actividade. A zona delimitada inclúe a glorieta e un treito das rúas Pardo de Cela, Avilés de Taramancos, Lloréns Díaz e Antonio Puga. Neste senso, a organización subliña que é importante achegarse a esta zona dado que desde outras rúas non será posible ver o espectáculo na súa totalidade.

O Concello de Ourense lembra tamén que esta fin de semana, dentro das festas do Couto están programadas cinco actuacións musicais, que se desenvolverán, todas elas, na rúa Dalí. Concretamente, hoxe, xoves, as 23.00 horas actuará o Combo Dominicano; o venres, 12, ás 23.00 h, Cuarta Calle; o sábado, 17, Luar na Lubre (de 20.00 a 22.00 h) e Orquestra Horizon the show (de 00.00 a 03.00 h), e o domingo, 18, a Orquestra Cinema

Publicacións Relacionadas