A institución provincial destinará 250.000 € para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros 400.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios en 11 concellos
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas por valor de máis de 650.000 euros do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para 11 concellos de menos de 20.000 habitantes da contorna do Salnés. Son 250.000 € para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros 400.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios.
En concreto, dos 250.000 euros para sufragar o SAF, un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu medio inmediato, A Illa de Arousa, recibe 11.317 €, Cambados 27.628 €, Catoira 7.816 €, Meaño 28.000 €, Meis 23.718 €, O Grove 35.144 €, Pontecesures 14.160 €, Ribadumia 15.776 €, Sanxenxo 35.270 €, Valga 13.184 € e Vilanova de Arousa 37.835 €. Ademais, os 404.000 € para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios divídense en 20.879 € para A Illa de Arousa, 41.757 € para Cambados, 20.879 € para Catoira, 41.757 € para Meaño, 16.002 € para Meis, 44.162 € para O Grove, 20.879 € para Pontecesures, 20.879 € para Ribadumia, 66.413 € para Sanxenxo, 44.162 € para Valga e 66.413 € para Vilanova de Arousa
No conxunto da provincia, a institución provincial aprobou un total de 3 millóns de euros para axudar ao concello a sufragar ambos servizos, unha cifra que se reparte entre 1,2 millóns para o servizo de Axuda no Fogar e outros 1,8 millóns para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios.