HomeBaixo MiñoA GuardaUn torneo interescolar de baloncesto reúne a nenos e nenas do Baixo...

Un torneo interescolar de baloncesto reúne a nenos e nenas do Baixo Miño

- Anuncio -spot_img

O Concello da Guarda colabora co club Baixo Miño Basket na organización do I Torneo 3×3 Interescolar.

O torneo disputarase o próximo sábado 31 de maio no pavillón do IES A Sangriña. Alí enfrontaranse 9 equipos mixtos, conformados por alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria dos diferentes colexios da Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño.

A competición dará comezo ás 9:00h e durante a mañá iranse emparellando os equipos ata chegar á final. O torneo nace co obxectivo de fomentar o deporte, a convivencia e a competición saudable.

“Ademais, é un momento para coñecer a novos amigos, de todo o Baixo Miño”, engade o alcalde, Roberto Carrero. “É un orgullo para nós acoller actividades que englobe e participe todo o Baixo Miño, sobre todo, se está relacionado co deporte, pois difunde valores de esforzo e respecto entre as novas xeracións”.

O Baixo Miño Basket fundouse en 2017 e leva desde entón fomentando o deporte entre os máis novos con equipos de categorías inferiores, mais tamén entre os maiores coa organización de diversos torneos ao longo do ano na Guarda.

Publicacións Relacionadas