HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez asiste ao almorzo-coloquio de Alfonso Rueda promovido polo Círculo de...

Luisa Sánchez asiste ao almorzo-coloquio de Alfonso Rueda promovido polo Círculo de Empresarios de Galicia

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este mércores ao almorzo-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios e protagonizado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Trátase dunha conferencia incluída na xornada “Galicia 2035: estratexias para o futuro”, un encontro no que o organismo reuniu figuras do ámbito institucional, empresarial, académico e civil para definir os piares que guiarán o crecemento sostible, a innovación e a competitividade de Galicia na próxima década. Entre as temáticas abordadas salientan a economía azul, a transformación dixital, as infraestruturas estratéxicas, a valoración dos sectores produtivos ou a preservación da identidade cultural de Galicia.

Publicacións Relacionadas