Celebrarase no seguinte horario, venres 16 de maio de 17 a 21 h e os días 17 e 18 de maio en horario de 11 a 21 h, sendo a entrada totalmente gratuíta.
Como cada ano o Mercado de Arte vén celebrando unha gran exposición na cal participan máis de 60 artistas, entre pintores, escultores e fotógrafos, a maior parte deles residentes no Val Miñor e na provincia de Pontevedra, tanto profesionais como noveis.
Trátase dunha oportunidade única para os amantes da pintura e a escultura para visitar máis de 500 obras de arte. Destaca o CARÁCTER INNOVADOR e a ORIXINALIDADE deste evento divulgador da arte, que polas súas características (exclusivamente pintores, escultores e fotógrafos) non ten igual noutro lugar de Galicia, xa que a exposición terá unha montaxe que facilita aos artistas un espazo expositivo individual de 6 m2, o que facilitase que os visitantes poidan falar directamente cos artistas e coñecer as súas obras de primeira man.
O obxectivo da organización é dar a coñecer os artistas locais e os novos valores emerxentes para os que aínda é difícil mostrar a súa obra en galerías comerciais, así como achegar estas disciplinas artísticas non habituais no rural e que son fundamentais para cultivar a sensibilidade polas artes e a beleza estética na cidadanía.
Entre outras actividades, o sábado 17, celebrarase o III CERTAME DE PINTURA RÁPIDA “RIZO SOLVEIRA” no que os artistas rexistrados (inscrición gratuíta aberta ata o día anterior) pintarán en directo recunchos e lugares de Sabarís entre as 10:00 e ás 18:00 h. e o domingo 18 terá lugar un encontro da comunidade Urban Sketchers tamén nos arredores do Mercado de Sabarís.
Este evento está organizado por COEMSA, Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís e OVALMI, coa colaboración do CONCELLO DE BAIONA e ABANCA.