HomeXunta de GaliciaLorenzana destaca a aposta de Agua de Sousas por seguir ampliando capacidade...

Lorenzana destaca a aposta de Agua de Sousas por seguir ampliando capacidade e tecnoloxía nas súas instalacións

- Anuncio -spot_img
  • Indica que a Xunta, a través da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas e da Oficina Económica do Igape, está a facer un seguimento do proxecto de ampliación que a empresa ten en marcha
  • Cualifícaa como unha empresa familiar que “soubo manterse, fundamentalmente, investindo, innovando e facendo da calidade unha marca propia”

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe a aposta de Agua de Sousas por seguir ampliando capacidade e tecnoloxía nas súas instalacións, para o cal, dixo, conta con todo o apoio e acompañamento da Xunta de Galicia.

Lorenzana visitou hoxe a planta de embotellamento da empresa en Verín (Ourense), onde informou de que a Administración autonómica, a través da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas e da Oficina Económica do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), está a facer un seguimento do proxecto de ampliación que a empresa ten en marcha, cun investimento que ascende a 8,5 millóns de euros.

A conselleira cualificouna como unha empresa familiar “excepcional” que “combina tradición e modernidade”, con máis de 165 anos de antigüidade e que “soubo manterse, fundamentalmente, investindo, innovando e facendo da calidade unha marca propia”.

Nas súas declaracións, puxo en valor as cifras de crecemento que Agua de Sousas rexistrou o pasado ano, cunha facturación récord de case 8 millóns de euros, o que supón un incremento do 20 % respecto ao ano anterior. Ademais, tamén sinalou que dá emprego a preto de 40 persoas.

“Agardamos seguir acompañando esta empresa no seu crecemento”, reiterou. “Estamos colaborando como facemos sempre -subliñou-, desde esa fiestra aberta que é a Oficina Económica de Galicia para todas as empresas, coas que traballamos desde o financiamento como o seguimento técnico dos proxectos”.

Publicacións Relacionadas