HomeVigoNigránO concello de Nigrán felicita a Pepa Pinín no seu centenario

O concello de Nigrán felicita a Pepa Pinín no seu centenario

- Anuncio -spot_img

A muller festexou o aniversario coas súas amizades do centro de día ‘Botando unha man’

O alcalde de Nigrán, Juan González, acudíu onte ao Centro de Día do municipio ‘Botando unha man’ para felicitar e entregar un agasallo de parte de toda a veciñanza a ‘Pepa’ Pinín no seu centenario acompañado dos concelleiros de Maiores e Sanidade, María Mayán e Alfonso Vázquez, respectivamente. A homenaxeada leva vivindo en Nigrán desde Outubro, cando se trasladou desde súa cidade natal, Lugo, para vivir cunha das súas fillas, residente no municipio desde hai máis de 20 anos. ‘Pepa’ enviuvou nova con 4 fillos aos seu cargo, o que lle obrigou a levar adiante á familia ao tempo que traballaba como modista e a rexentaba en Lugo a tenda ‘Trapitos’. O seu aniversario coincidíu onte co de outras dúas amigas usuarias tamén de ‘Botando unha man’, a nigranesa Nieves Amoedo, que cumplíu 90 anos, e a baionesa Carmen Costas, que cumplíu 91, polo que o celebraron triplemente con tarta e brindis de sidra sen alcol.

Publicacións Relacionadas