HomePontevedraCaldasA Deputación pon en marcha en Portas, Campo Lameiro e Moraña o...

A Deputación pon en marcha en Portas, Campo Lameiro e Moraña o programa piloto de mellora da mobilidade no rural +Mobe, dotado con 555.000 €

- Anuncio -spot_img

Trátase dunha iniciativa que ten por obxectivo optimizar o sistema de transporte público e mellorar a mobilidade e a conectividade en zonas de reto demográfico da provincia

Foi un dos 100 proxectos seleccionados no marco da convocatoria da liña de axudas do Goberno de España para proxectos innovadores que transforman o territorio e contribúen a loitar contra o despoboamento

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o novo proxecto +Mobe, un programa piloto que desenvolverá nos concellos de Portas, Campo Lameiro e Moraña e que busca mellorar a mobilidade e conectividade en zonas de reto demográfico do rural da provincia cun orzamento total de 550.000 euros. A Xunta de Goberno da institución provincial acaba de aceptar unha axuda para desenvolver esta iniciativa do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico de 500.000 €, sendo un dos 100 proxectos de toda España que reciben financiamento ao abeiro da convocatoria de axudas para proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento.

Tal e como explicou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, o proxecto desenvolverase a través de cinco liñas de acción que buscan optimizar o sistema de transporte público para unha mobilidade máis inclusiva e sostible e, ao tempo, fortalecer o acceso a servizos públicos esenciais e de proximidade. Entre elas, inclúese a posta en marcha dun estudo participativo entre a veciñanza para identificar os destinos frecuentes, os horarios preferidos, os puntos de parada ou, entre outras cuestións, as necesidades. En base ás conclusión extraídas, implantaranse novas rutas de transporte e tamén se desenvolverá unha APP móbil con información en tempo real sobre percorridos, xeolocalización, paradas horarios ou tempos de chegada, entre outros.

“Temos claro que a calidade de vida no medio rural depende do acceso aos servizos públicos esenciais e de proximidade, e por iso decidimos poñer en marcha este proxecto”, asegurou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, que lembrou que a Deputación “quere estar ao carón dos veciños e veciñas dos 61 concellos da provincia, apoiándoos para que teñan as mesmas oportunidades vivan onde vivan”.

Publicacións Relacionadas