HomePontevedraDomínguez considera que o PSOE está atrapado na súa propia hipocrisía, ao...

Domínguez considera que o PSOE está atrapado na súa propia hipocrisía, ao criticar un modelo para a residencia da Eiriña que o seu partido impulsa noutros concellos

- Anuncio -spot_img

• O presidente do PP de Pontevedra considera “hipócrita, contraditorio e incoherente” que Iván Puentes critique á Xunta e non faga o mesmo coas Deputacións de Lugo e A Coruña ou coa alcaldesa de Silleda

• O líder do partido máis votado da cidade asegura que é “un orgullo” dispoñer de 120 novas prazas de residencia que serán “totalmente públicas e vaise a entrar por listas públicas, igual que se fai cos usuarios da de Campolongo”

rO presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acusou ao Partido Socialista de Iván Puentes de protagonizar un dos grandes exercicios de “hipocrisía, contradición e incoherencia política” do mandato actual ao criticar o mesmo modelo de xestión na nova residencia de maiores da Eiriña que o seu partido impulsa noutros municipios de Galicia.

O líder do PP de Pontevedra freou o alarmismo infundado polo PSOE local cara ás familias ao asegurar que as 120 prazas da residencia “serán totalmente públicas e vaise a entrar por listas públicas, exactamente igual que se fai cos usuarios da residencia de Campolongo”.

Sobre as críticas ao modelo de xestión, Domínguez instou aos socialistas da cidade para informarse do argumentario da súa formación política no resto de Galicia, antes de criticar o que o seu propio partido fai e defende como exemplo. “O PSOE sacou a concurso a xestión das residencias da Deputación de Lugo e da Coruña en condicións similares. Un dos casos máis rechamantes é a residencia luguesa de Becerreá, que leva cinco anos pechada e que agora sacarán adiante mediante xestión 100% privatizada”, manifestou.

Os exemplos abundan por toda Galicia e dentro da propia provincia de Pontevedra: “A alcaldesa de Silleda, número 2 do PSOE provincial, recorreu a un modelo de concesión demanial, no que a adxudicataria asume todos os custos e garántese 75 anos de xestión. Esa privatización ou a da Cañiza non lles molesta? Ou só indígnanse cando goberna o PP?”, cuestionou.

Domínguez cualificou de “ridículo” que o PSOE de Iván Puentes dea leccións de xestión á Xunta de Galicia, cando a maioría dos alcaldes socialistas teñen os Servizos de Axuda non Fogar (SAF) dos seus concellos externalizados en toda Galicia. Igualmente, o propio goberno local do BNG na cidade de Pontevedra.

“Para o PP de Pontevedra é un orgullo dispoñer na capital da provincia dunhas instalacións modernas, funcionais e de altísimo nivel para atender á xente maior e as súas familias. A Eiriña foi posible grazas á colaboración entre a Fundación Amancio Ortega e a Xunta de Galicia, que goberna con maioría absoluta pensando en mellorar a calidade de vida de todos os galegos e pontevedreses”, concluíu.

Publicacións Relacionadas