O BNG de Meis ven de presentar un rogo no concello para a limpeza dos camiños, viais e beirarrúas, pois despois dunha serie de reunións coa veciñanza, e visitas a numerosos puntos do noso Concello, puidemos comprobar que a falta de limpeza supón un perigo para os viandantes así como para a circulación de vehículos debido ao espesor da maleza que acurta perigosamente o ancho normal das beirarrúas e dificulta a visibilidade en cruces e outros tramos de diversos camiños.
Esta falta de limpeza nas beirarrúas e camiños afecta a todas as parroquias do noso concello agás San Lourenzo, onde por motivo das festas levouse a cabo unha limpeza dos camiños e beirarrúas.
Polo tanto solicitamos
1/ Que por parte da Alcaldía, se proceda coa maior celeridade posíbel á limpeza dos camiños e beirarrúas, debido ás molestias e o risco real que supón para as persoas e vehículos, así coma a imaxe que deixa do noso concello.
2/ Que a Alcaldía teña en conta a proposta do BNG do calendario de limpezas, para o que solicitamos que se formalice unha reunión coa nosa organización política a fin de tratar este asunto e traballar na súa implantación no Concello.