HomeOurenseOurenseA actividade Correlingua causará restricións puntuais de tráfico mañá pola mañá en...

A actividade Correlingua causará restricións puntuais de tráfico mañá pola mañá en varias rúas entre a Praza Maior e o Auditorio

- Anuncio -spot_img

As dúas andainas programadas dentro da actividade escolar Correlingua 2025 ocasionarán restricións puntuais ao tráfico mañá, mércores, 21 de maio, pola mañá, en diferentes rúas da cidade, polas que discorrerá.

Ás 11.30 horas a andaina sairá desde a Praza Maior cara ao Auditorio, pasando polas rúas Lamas Carvajal, Paseo, Cardeal Quiroga, Santo Domingo, Praza do Ferro, Viriato, Paxaro, Praza das Mercedes, Pérez Serantes, San Francisco, Pardo Bazán e Canle.

Ás 11.40 horas, sairá a segunda andaina desde o Auditorio cara á Praza Maior, pasando polas rúas da Canle, Pardo Bazán, San Francisco, Pérez Serantes, Praza das Mercedes, Paxaro, Viriato, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo e Lamas Carvajal.

No transcurso das andainas, haberá restricións puntuais ao tráfico nas vías que forman o seu percorrido, incluído o cruzamento da rúa Pardo Bazán coa rúa da Canle e a rúa Parque San Lázaro. O tráfico reiniciarase tras o paso dos e das escolares participantes.

Publicacións Relacionadas