HomeVigoNigránA Biblioteca Municipal de Nigrán acolle este venres a presentación do libro...

A Biblioteca Municipal de Nigrán acolle este venres a presentación do libro de Xosé Luís Outes ‘Feixe de flores para Galicia

- Anuncio -spot_img

Trátase dun ensaio no que o autor, catedrático xubilado da Universidade de Vigo, reflexiona sobre o desenvolvemento do capitalismo e achega propostas concretas para a modernización de Galicia respectando o medio ambiente e a súa biodiversidade

A Biblioteca Municipal de Nigrán acolle este venres 23 de maio ás 19:30 horas a presentación do libro de ensaio de Xosé Luís Outes ‘Feixe de flores para Galicia. Un programa humano, económico e ecolóxico’ (Editorial Galaxia, 2025). O autor, veciño de Priegue e catedrático xubilado da Universidade de Vigo, onde impartíu Macroeconomía ou Comercio Internacional, foi tamén fundador e director do Observatorio Socioeconómico da Fundación Pro Vigo (OSEVA) entre 1995 e 2010. O acto estará presentado polo alcalde, Juan González, e o xornalista Gustavo Luca de Tena.

‘Feixe de flores para Galicia’ é o froito dalgunhas reflexións sobre o desenvolvemento do capitalismo desde os anos oitenta do século pasado e a proposta dun programa humano, económico e ecolóxico para o noso país. Estas propostas teñen como finalidade facer de Galicia un país moderno e tecnoloxicamente adiantado, onde prime o colectivo sobre o individualismo, a igualdade e o benestar sobre a precariedade e, sobre todo, o respecto ao medio ambiente e á biodiversidade. Entre as suxestións que se presentan, compre mencionar a creación dunha banca pública galega, unha axencia enerxética galega, un sector industrial de propiedade pública, o deseño dunha nova política forestal que faga de Galicia unha potencia neste sector, respectuosa co medio ambiente, así como políticas deseñadas para combater a desertización demográfica.

Publicacións Relacionadas