HomeBaixo MiñoA GuardaO alumnado do CEIP As Solanas ofrece un contacontos moi especial este...

O alumnado do CEIP As Solanas ofrece un contacontos moi especial este sábado

- Anuncio -spot_img

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle este sábado un contacontos moi especial, pois será a cargo do alumnado do CEIP As Solanas.

Nenos e nenas guardesas contarán un conto para todos os asistentes na Biblioteca Municipal este sábado 24 ás 12:00h da mañá.

Este convértese no terceiro contacontos que celebra a Biblioteca nun mes, tras os contacontos polo día do libro “Os contos do gato” e polo día das Letras Galegas “Xuntos ata a Lúa e máis alá”.

“Ter esta actividade na biblioteca reflexa o interese pola lectura dos guardeses e guardesas máis pequenas”, declara o alcalde, “a quen agardamos neste 2025 darlle unha biblioteca mellorada, con máis espazo e comodidade no antigo Concello, onde está a traballa o obradoiro de emprego desde hai meses”.

Publicacións Relacionadas