HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación avanza que este venres aprobará 140.000 euros para o acondicionamento...

A Deputación avanza que este venres aprobará 140.000 euros para o acondicionamento do campo de fútbol de Lampáns, no Grove

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Marcos Guisasola visitou as instalacións, onde se van investir recursos provinciais do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para atender a demanda do goberno local

O Concello do Grove recibe este ano ao abeiro deste plan un 94,4% máis de recursos que na edición anterior, cando obtivo preto de 74.000 € para o acondicionamento do pavillón de deportes de Conmeniño

O deputado provincial Marcos Guisasola visitou hoxe o campo de fútbol de Lampáns, no Grove, onde anunciou que a Deputación de Pontevedra aprobará na Xunta de Goberno deste venres unha inxección económica de 143.144 euros para  financiar as obras de acondicionamento do mesmo. Farao a través do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado de oito millóns de euros (o dobre que na súa primeira edición) cos que a institución provincial está a transformar e modernizar os equipamentos deportivos da provincia. De feito, ao abeiro deste plan, O Grove recibirá este ano un 94,4% máis de recursos que na anterior edición, cando se beneficiou de 73.640 euros para o acondicionamento do pavillón de deportes de Conmeniño

Marcos Guisasola deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos, cos que se retirará a manta de céspede artificial, se tratará a subbase e se reporá a  zona de xogo cun novo céspede artificial con mellores prestacións e con todos os certificados medioambientais. En concreto, os traballos consistirán na retirada e acopio en obra de equipamento deportivo para a súa posterior instalación; a desmontaxe das canaletas perimetrais para a drenaxe e evacuación de auga; a retirada de céspede artificial existente do campo de fútbol; a execución de pequenas reparacións e axustes na capa de soporte actual do aglomerado, e a subministración e instalación dun novo sistema de céspede artificial para campo de fútbol 11.

 “O municipalismo e o deporte son dúas das nosas prioridades, e esta actuación é unha boa mostra disto”, asegurou Marcos Guisasola, que lembrou que “a Deputación de Pontevedra está facendo un grande esforzo económico para facer fronte á dotación e o mantemento das instalacións deportivas, que son moi custosos”. Por este motivo, sinalou, “impulsamos programas como o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para axudar os concellos a realizar estes labores”. O deputado provincial lembrou que “este ano temos máis recursos que nunca para o deporte, e isto responde a un modelo claro para o noso territorio” que pasa por “converter Pontevedra na provincia do deporte e no grande estadio deportivo do mundo”.

Publicacións Relacionadas