HomeO SalnésMeañoO BNG de Meaño convoca unha concentración en defensa da Atención Primaria

O BNG de Meaño convoca unha concentración en defensa da Atención Primaria

- Anuncio -spot_img

Denuncian a falta de médico no Centro de Saúde de Dena desde mediados de abril

O BNG de Meaño convoca á veciñanza de Dena a apoiar a concentración, que terá lugar este sábado 10, ás 11:30 h, diante da falta de médico de atención primaria no centro de Saúde. Unha concentración que contará coa presenza da deputada do Parlamento Galego, Montse Prado e da voceira de SOS Sanidade, Ana Belén Fernández “a Chapuza”.

@s nacionalistas denuncian que antes de Semana Santa, en Dena non hai médico no Centro de Saúde, e @s pacientes son emprazados ao Centro de Saúde de Meaño, saturando este, ou cubertos por médicos do 061.

O día 23 de Abril o BNG xa manifestara que non se daban citas para os seguintes 15 días, agora xa é imposible concertala.

O BNG meañés denuncia o desmantelamento por sistema da Sanidade Pública en mans do PP na Xunta de Galiza, que non cubre as baixas nin as vacacións dos profesionais sanitarios, nun servizo tan esencial, decisivo e que salva vidas, como é a Atención Primaria. Tamén se sorprende pola pasividade do alcalde Carlos Vieitez, ao que lle recorda que cando estaba fóra do Partido Popular, aparecía detrás dunha pancarta defendendo a Sanidade Pública. Os nacionalistas sinalan que despois de case un mes sen médico en Dena, a Alcaldía non moveu un dedo para intentar solucionar este problema para a parroquia de Dena.

O BNG fai un chamamento a toda a veciñanza a que se mobilicen este sábado pola mañá, diante do Centro de Saúde de Dena ,porque a Sanidade Pública é un dereito de todos e todas.

Publicacións Relacionadas