HomeDeputaciónsDeputación A CoruñaLuisa Sánchez compromete a colaboración da Deputación de Pontevedra na posta en...

Luisa Sánchez compromete a colaboración da Deputación de Pontevedra na posta en marcha da próxima edición de Navalia, a Feira Internacional da Industria Naval

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de reunirse na Sede de Vigo do organismo provincial con Javier Arnau, CEO de Navalia, Feira Internacional da Industrial Naval. Na xuntanza, Sánchez comprometeu a colaboración do organismo provincial coa próxima edición deste importante evento que acolle Vigo cada dous anos e reúne a milleiros de visitantes de todo o mundo en torno a un sector estratéxico para o desenvolvemento da provincia.  “Fixémolo o pasado ano e para o 2026 aí estaremos tamén, porque somos moi conscientes da pegada que esta industria ten na nosa economía e non podemos permanecer alleos”, subliñou a vicepresidenta. A décima edición de Navalia terá lugar do 19 ao 21 de maio de 2026 no Instituto Feiral de Vigo.

Publicacións Relacionadas