HomeBaixo MiñoA GuardaO grupo vigués Mambas negras é o punto de partida dos concertos...

O grupo vigués Mambas negras é o punto de partida dos concertos de verán na Guarda

- Anuncio -spot_img

O ciclo TocaMúsica do Concello da Guarda sae novamente á rúa para levar actuacións en directo ás prazas e recunchos da vila. E arranca cunha actuación de alto nivel coa banda viguesa “Mambas negras”.

“Mambas negras” é un quinteto vigués, formado por veteranos músicos como Óscar Avendaño (Siniestro Total, The Bo Derek’s), Andrés Cunha, (Siniestro Total) ou Toño López (Soul Jacket). Estes músicos xuntáronse para celebrar un repertorio formado por icónicas cancións das bandas sonoras das películas de Quentin Tarantino.

Desde o baile de Uma Thurman e John Travolta ao ritmo de You never can tell de Chuck Berry en “Pulp Fiction” ata o famosa escena de Salma Hayek bailando cunha serpe en “Abierto hasta el amanecer”. Con este concerto, Mambas negras quere levar a público a unha viaxe sonora chea de nostalxia e emoción.

Este sábado 24 de maio, ás 12:30h, a Praza de Avelino Vicente encherase de música grazas ao concerto de Mambas negras. “Invito a todo o mundo a acudir, pois é uha homenaxe ás bandas sonoras tan recoñecibles e características de Tarantino”, explica o alcalde.

Durante o verán haberá actuacións por diferentes puntos da vila a cargo de Ínsua band,  de Litus, Novoa e Pirata e de Wonder Covers.

Este programa pretende ser unha cita que marcar na axenda, unha cita musical mensual co Tocamúsica 2025, programa que conta co apoio do plan +Provincia.

Publicacións Relacionadas