HomePontevedraO BNG denuncia que a Xunta pretende utilizar as competencias do litoral...

O BNG denuncia que a Xunta pretende utilizar as competencias do litoral para perpetuar a ocupación da Xunqueira do Alba

- Anuncio -spot_img

Luís Bará lembra que están pendente o traslado das instalacións de Medio Rural e Infraestruturas. Responsabiliza á conselleira de Infraestruturas da negativa a trasladar o Centro de Conservación e Vialidade Invernal da Rede de Estradas.

O BNG volveu rexistrar unha batería de iniciativas parlamentares para impulsar o traslado das instalacións da Xunta na Xunqueira da Gándara ou do Alba, en terreos de dominio público marítimo terrestre que forman parte do ENIL da Xunqueira do Alba e que tamén foron cualificados como zona prioritaria de restauración ecolóxica na Estratexia Galega da Infraestrutura Verde.

Logo de constatar que a Xunta leva anos retrasando o traslado das instalacións de Medio Rural (servizo de incendios) e da Axencia Galega de Infraestruturas (Centro de Conservación e Vialidade Invernal da Rede de Estradas), o deputado nacionalista Luís Bará denuncia que “a Xunta pretende utilizar as competencias de xestión do litoral, que vai asumir próximamente, para manter a concesión irregular dos equipamentos situados neste espazo natural”.

Para o BNG é prioritaria a liberación destes espazos, tanto os ocupados pola Xunta como polo administración do Estado. No caso da Xunta, Bará demandou que “deixen de poñer excusas e se poñan a traballar en serio no traslado das instalación, no desmantelamento das edificacións e na rexeneración e naturalización destes espazos, o que permitiría gañar máis de 13.000 m2 de zonas verdes”.

Bará animou á Xunta “a seguir o exemplo da Deputación de Pontevedra, que desmantelou as instalación do parque de maquinaria e da imprenta provincial, o que permitiu gañar unha zona verde de uso público de mais de 17.000 m2”.
Incumprimento do compromiso de desmantelar as instalacións de Medio Rural En resposta a unha pregunta parlamentar do BNG, a consellaría do Medio Rural anunciou en 2022 o traslado das instalacións que ocupa na Xunqueira do Alba sobre un predio de 8.700 metros cadrados que funcionaba como centro loxístico, taller e base para o servizo de bombeiros forestais.

Naquela altura, o director de Defensa do Monte manifestou que “O obxectivo é ter o proxecto de demolición e rexeneración en 2023 para deixar os terreos libres e rexenerados na medida do posible”.

A día de hoxe, transcorridos tres anos desde o primeiro anuncio do traslado, o predio en cuestión segue ocupado por instalacións, maquinaria e vehículos da consellaría e non hai ningunha nova sobre a recuperación deses terreos.

Boicot por parte da Axencia Galega de Infraestruturas

Mentres que a consellaría do Medio Rural activou o traslado das instalacións da Xunqueira ao polígono de Botos e ao Campiño, a consellaría de Infraestruturas mantén unha actitude obstruccionista, con unha absoluta falta de vontade para trasladar as instalacións do Centro de Conservación da Rede de Estradas. Lembra Bará que a Deputación chegou a ofecer uns terreos no polígono de Barro, sen que houbese resposta por parte da Xunta.
Tendo en conta estes feitos e as respostas recibidas por parte do departamento de Infraestruturas, o BNG responsabiliza directamente á Conselleira María Allegue da negativa a trasladar as instalacións que ocupa na Xunqueira do Alba.

Publicacións Relacionadas