HomeOurenseMelisa Macía, nova presidenta do Partido Popular de Vilariño de Conso

Melisa Macía, nova presidenta do Partido Popular de Vilariño de Conso

- Anuncio -spot_img

Melisa Macía Domínguez (Vilariño de Conso, 1990) foi elixida presidenta da agrupación do PP de Vilariño de Conso no congreso local celebrado nesta localidade e que foi clausurado polo presidente provincial, Luis Menor, quen destacou a notable traxectoria política da que foi no seu momento -en 2017 con 29 anos- unhas das alcaldesas máis novas da provincia e unha das máis mozas de España.

As gañas de traballar polo seu concello, xunto coa forza que imprime a mocidade, lembrou Luis Menor, levárona a encabezar en 2019 a candidatura do PP obtendo a maioría absoluta, que revalidaría no actual mandato. Agora, engadiu o presidente provincial, Melisa Macía reforza a súa figura como “persoa de referencia do partido no territorio, e o seu cometido será axudar a fomentar a participación, garantir a cohesión e involucrar a afiliados e simpatizantes no proxecto popular”.

Pola súa banda, a nova presidenta da agrupación local de Vilariño de Conso puxo énfase no “importante paso que supón este congreso para organizar o partido”, sinalando que entre os seus primeiros desafíos figura involucrar a persoas simpatizantes, “escoitando a todo o mundo, sexan ou non do PP, que é a base de todo traballo político”.

Publicacións Relacionadas