HomePontevedraCaldasA mellora de servizos básicos na parroquia de San Clemente, máis próxima

A mellora de servizos básicos na parroquia de San Clemente, máis próxima

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Jacobo Pérez, visitou a localidade, xunto ao deputado provincial Ricardo Martínez, onde se dotará unha EDAR para Baltar, unha estación de bombeo en Faramontáns e os traballos para habilitar as canalizacións no núcleo de A Igrexa

Pérez lembra que a dotación de servizos básicos no rural caldense é un dos obxectivos primordiais do Goberno local e que se está a avanzar para completar esta folla de ruta noutras parroquias como Godos

O alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, acompañou esta mañá ao deputado provincial Ricardo Martínez nunha visita realizada á parroquia de San Clemente, na que se acometerán unha seria de actuacións encamiñadas a reforzar e mellorar os servizos básicos. Este é precisamente, un dos puntos máis importantes e nos que está a facer un maior fincapé o Goberno municipal neste mandato, como demostra o proxecto deseñado pola Administración local para acometer nos núcleos de Baltar, Faramontáns e na contorna da igrexa, dando resposta ás necesidades da veciñanza.

Tal e como lembrou Pérez Gulín, as obras servirán para a dotación de saneamento nestas áreas, cun orzamento superior aos 600.000 euros que se financian a través do programa +Provincia da Deputación de Pontevedra, correspondente á convocatoria de 2025. Deste xeito, o Concello continúa a traballar na instalación de redes de colectores e infraestruturas que potencien e amplíen os servizos de tratamento de augas residuais ou abastemento no rural. En San Clemente, destaca a ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Baltar, que dá servizo aos núcleos de Baltar, Cesar, Cesariños, Asar, Campelo e Souto e que precisa dunha mellora, ao atoparse case ao seu límite de servizo.

Nesta primeira fase do proxecto, ademais, tamén se contempla a dotación dunha Estación de Bombeo de Augas Residuais (EBAR) no lugar de Faramontáns, que servirá para enviar as augas ata a EDAR de Baltar. Aquí tamén se instalarán máis tramos de colector e ramais para garantir que o servizo chegue a practicamente todo o núcleo. Por último, esta actuación inicial tamén deixará asentadas as bases para permitir que se consolide o servizo de tratamento de augas residuais na contorna de A Igrexa, dando así resposta a unha demanda histórica da veciñanza.

NOTA DE PRENSA
Concello de Caldas de Reis
Rúa Ferreira, 1
alcaldia@caldasdereis.gal
Tel. 986540110
Tal e como adiantou Jacobo Pérez, o Concello xa está a traballar tamén
en proxectos para mellorar os servizos básicos noutras parroquias,
como é o caso de Godos. Ademais, incidiu na importancia da
colaboración con outras administracións para seguir mellorando a
calidade de vida da veciñanza.

Publicacións Relacionadas