O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns no Pazo provincial ao presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, Isidoro Serantes; e ao secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro; co obxectivo de coñecer estreitar os lazos de cooperación que unen ás dúas entidades. A ruta dos viños Rías Baixas é un dos grandes atractivos turísticos dunha provincia coma a de Pontevedra, que ten no enoturismo unha oportunidade extraordinaria para seguir construíndo un destino turístico sustentable, natural e ligado ao territorio. O encontro serviu para coñecer os proxectos e os retos de futuro dun sector fundamental para a economía, o emprego e o turismo na provincia.