HomePontevedraCaldasO concello de Portas organiza a I Andaina Solidaria "Pasiño a Pasiño"...

O concello de Portas organiza a I Andaina Solidaria “Pasiño a Pasiño” para recadar fondos para a “Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia”

- Anuncio -spot_img

Os participantes sairán o domingo 8 de xuño ás 10:30 horas desde a Azucreira de Portas.


O alcalde de Portas, Ricardo Martínez Chantada, presentou a primeira edición da Adaina Solidaria “Pasiño a Pasiño” que terá lugar o vindeiro domingo 8 de xuño con saída ás 10:30 horas desde as inmediacións da Azucreira. 

Esta iniciativa deportiva e solidaria destinará os 5 euros que costa a inscrición por persoa á “Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia” (ASANOG) e porá a disposición das persoas que non poidan asistir a posibilidade de colaborar a través do Quilómetro Cero ingresando o seu donativo na conta ES61 2100 1453 2102 0025 9900 ou por Bizum co código “11243”.

Nesta I Andaina Solidaria, ademais do Concello de Portas e ASANOG participan Amigos da Troula e Escudería Portas Motor e os interesados en realizar esta I Anaina Solidaria “Pasiño a Pasiño” deberán inscribirse antes do 2 de xuño facendo o ingreso na conta antes sinalada.

Ricardo Martínez salientou durante a presentación o interese desta Andaina “non so desde o punto de vista de facer deporte, combatir o sedentarismo senón tamén para promocionar e coñecer o noso patrimonio natural e paisaxístico e favorecer a interrelación e socialización entre participantes, con bo humor e excelente ambiente. Ademais os que participemos imos colaborar dunha forma activa cunha boa causa como é apoiar o traballo que realizan dese a Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (ASANOG)”, indicou o alcalde de Portas.

Unha vez completado o percorrido, os nenos e nenas poderán participar nunha serie de actividades lúdicas que van desde o uso e disfrute dunhas colchonetas ata pintacaras e máis sorpresas.

Publicacións Relacionadas