Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron solicitados esta tarde no polígono de Espiñeira, no Concello de Boiro, despois de que a unha persoa lle quedase a man atrapada nunha máquina.
Xa no lugar dos feitos foron comunicados de que os mecánicos da empresa liberaran a man da vítima, polo que os bombeiros procederon á inmobilización da extremidade cunha vendaxe compresiva. Tras isto, a persoa foi trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago nun helicóptero medicalizado.
Interviñeron a Policía Local, Garda Civil, Protección Civil, o 061 e médicos do PAC.