A Coral Polifónica Ventos do Val, organiza unha vez máis, como ven facendo xa dende fai 25 anos, o seu concerto de “Primavera” celebrase o sábado día 31 de maio ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal Multiusos as Pozas de Petelos. A entrada o concerto é libre gratuíta para todas aquelas persoas que desexen asistir.
Este evento musical participarán, ademais da anfitriona, o Coro Ochote Cantos del Fontán de Oviedo e Banda de Acordeón Metropolitana.
Éste concerto é entendido polos membros da coral organizadora como un Intercambio Cultural entre corais, pero tamén como un xeito de achegar a cultura na vertente do canto coral a todos os cidadáns.
Con modestia, dende Ventos do Val auguran que “será un concerto bonito”, que arrincará aplausos emocionantes entre os amantes do canto coral e Musical que o presencien.
Neste vindeiro concerto a Coral Polifónica Ventos do Val de Petelos interpretará un repertorio composto de cinco cancións populares Galegas, Habaneras, Xotas, Boleros, e Zarzuelas.
Datos sobre Ventos do Val
A Coral Polifónica Ventos do Val fúndase en Petelos no ano 2000 e está composta por 34 voces mixtas. Trátase dunha coral consolidada, con 25 anos de actuacións ás súas costas, cunha base sólida que se consegue, entre outros esforzos, con catro horas de ensaio semanas. As sesións son sempre vespertinas, ao redor das 21 horas da tarde, e distribuirse os martes e os venres.
Ventos do Val levou con orgullo durante estes anos o nome do seo municipio natal, Mos, ao longo e ancho da xeografía autonómica, nacional, e internacional.
A filosofía da Coral Ventos do Val aflora nítida ao conversar con calquera dos seus membros. É unha agrupación sen ánimo de lucro que vive o canto coral como unha vocación, á marxe das respectivas profesións que cada un dos seus integrantes desempeña. Definen a música como “paz” e como algo que une e engancha aos amantes do canto coral.
Os seus obxectivos e ilusión máis inmediatos son os de mellorar o seu repertorio e organizar con agrupacións corais, tanto locais como doutros municipios, todo tipo de intercambios que enriquezan culturalmente a ambas partes.
En definitiva, a Coral Polifónica Ventos do Val pode presumir da súa vocación de servicio a parroquia de Petelos e ó Concello de Mos en xeral, así como da súa sede de cultura musical e de ampliación de horizontes.



