· A próxima actividade terá o venres, 30 de maio, cando as persoas participantes realicen o tramo do Camiño Inglés entre Cos e Vilacoba.
O programa Roteiros saudables está a gañar forza entre os veciños e veciñas máis maiores. O Concello celebrou, onte, a segunda actividade da iniciativa congregando a decenas de camiñantes que cubriron o tramo do Camiño Inglés entre Tiobre e Cos. En total, foron dúas horas e media de traxecto para percorrer o case dez quilómetros que separan ambos os puntos.
O calendario de Roteiros saudables continuará o vindeiro venres, 30 de maio, cunha nova etapa entre Cos e Vilacoba. Nesta ocasión, tratarase dun traxecto de 10,8 quilómetros e cunha dificultade media. A última xornada terá lugar o venres, 6 de xuño, partindo desde Vilacoba ata chegar a Bruma, cunha distancia total de 9,8 quilómetros.
Con esta proposta, o Concello busca cumprir un dobre obxectivo: por unha banda, promover un estilo de vida saudable entre os máis maiores e, polo outro, poñer en valor os recursos turísticos do municipio, neste caso, o Camiño Inglés.