HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación investirá preto de 72.000 euros en Meis para financiar a...

A Deputación investirá preto de 72.000 euros en Meis para financiar a pavimentación de varios camiños municipais situados en San Lourenzo e San Martiño

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Javier Tourís visitou hoxe o concello, onde anunciou que a actuación estará financiada integramente con recursos do Plan +Provincia que se aprobarán na Xunta de Goberno deste venres

O deputado provincial Javier Tourís visitou este mércores Meis, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar integramente a pavimentación de varios camiños municipais situados nas parroquias de San Lourenzo e San Martiño. A Xunta de Goberno aprobará este venres unha achega de preto de 72.000 euros para impulsar esta actuación con recursos procedentes do Plan +Provincia. Nesta actualidade, o plan destina á vila un total de 556.000 € e, no caso concreto da liña 1 de investimentos, 389.000 euros.

O deputado deu conta dos traballos que levará a cabo Meis con estes fondos provinciais, 71.841 €, que permitirán mellorar catro camiños municipais de grande importancia para o concello. No caso do camiño A Bandeira-San Martiño, é unha vía crucial ao ser limítrofe con Ribadumia. En canto ao da Cavada-San Lourenzo de Nogueira, conecta co concello de Portas e, ademais, favorece o acceso a moitos servizos tanto públicos como privados. Tamén se actuará no camiño Pompeán-Paradela, cunha importante incidencia sobre as actividades agrícolas e rurais. Por último o proxecto inclúe o camiño Valvoa-A Armenteira, fundamental tanto para residentes en Meis como para visitantes desta zona de alto valor patrimonial.

Javier Tourís puxo en valor que o Plan +Provincia “é o perfecto exemplo de que neste goberno provincial  temos situado o municipalismo no centro de todo, con máis recursos que nunca para que os concellos poidan investir en proxectos transformadores”. O deputado provincial incidiu en que con este programa a Deputación de Pontevedra está a “modernizar a provincia de Pontevedra como nunca antes se fixera, con iniciativas como as que hoxe anunciamos en Meis que teñen unha estreita repercusión na mellora da calidade de vida das nosas veciñanza”.

Publicacións Relacionadas