HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación e o Concello de Salvaterra de Miño avanzan no proxecto...

A Deputación e o Concello de Salvaterra de Miño avanzan no proxecto de ensanche e mellora da estrada que une Leirado e Lira

- Anuncio -spot_img

A Deputación e o Concello de Salvaterra de Miño avanzan no proxecto de ensanche e mellora da estrada que une Leirado e Lira

A deputada provincial de Infraestruturas Públicas da Deputación de Pontevedra, Belén Cachafeiro, mantivo este mércores un encontro coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, co obxectivo de avanzar conxuntamente no proxecto de ensanche e de mellora da estrada provincial EP-4102 Leirado-Lira. Belén Cachafeiro sinalou que o equipo técnico da institución provincial está a rematar a redacción do proxecto, que dotará a plataforma dun maior ancho e conseguirá mellorar as condicións de drenaxe e de seguridade viaria nesta vía.

A deputada provincial tamén puxo en valor que a Deputación está a responder unha demanda do goberno local e da súa alcaldesa, ao consideralo un proxecto prioritario co obxectivo de mellorar as condicións de mobilidade nas estradas provinciais que transcorren polo seu termo municipal. Esta actuación abarca un treito de preto de 900 metros, entre os puntos quilométricos 1+000 e 1+877.

Publicacións Relacionadas