HomeVigoBaionaBaiona obtén o galardón Sendero Azul 2025

Baiona obtén o galardón Sendero Azul 2025

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona foi galardoado co distintivo de Sendero Azul 2025 denominado “Sendero Litoral de Baiona”, que se atopa entre os 154 carreiros azuis de toda España e é outorgado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).

O galardón Sendero Azul destaca o compromiso dos municipios e administracións públicas na conservación e recuperación de carreiros e camiños, transformados en valiosos recursos para a interpretación e a educación ambiental, así como para o goce da natureza a través da realización de actividades recreativas, deportivas, turísticas sostibles, culturais e protexer o patrimonio natural.

O Sendero Litoral de Baiona ten aproximadamente 6000 metros de lonxitude cunha baixa dificultade e discorre desde a entrada en Baiona por Ramallosa ata o Parador de Baiona e percorrendo o Paseo Monte Boi.

Este sábado día 31 de maio ás 12 h realizarase un acto de izado da bandeira outorgada, nas inmediacións da Praia Ribeira.

Publicacións Relacionadas