HomeXunta de GaliciaO Hospital Montecelo recibiu unha visita educativa de alumnado e profesoradodo colexio...

O Hospital Montecelo recibiu unha visita educativa de alumnado e profesoradodo colexio Sagrado Corazón de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

― Un grupo de quince alumnos da ESO e dous profesores deste centro docente capitalino asistiron a tres charlas sobre hábitos saudables, sexualidade responsable e nutrición equilibrada impartidas por profesionais da Área Sanitaria


― Tamén visitaron Informática, a Unidade de Docencia, a área de Hostalería, Rehabilitación-Fisioterapia, Mantemento e o laboratorio de Análises Clínicas

O Hospital Montecelo acolleu hoxe unha visita educativa do colexio Sagrado Corazon de Pontevedra, cun grupo de quince alumnos da ESO e dous profesores deste centro docente capitalino que foi recibido no hospital do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés polo subdirector de Calidade, Humanización e Atención á Cidadanía da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, Jorge García- Borregón, acompañado por outros resposables da área de Calidade.

O programa desta visita educativa comezou cunha charla sobre hábitos saudables e fomento do exercicio físico regular coma motor de saúde, impartida polo fisioterapeuta Guillermo Bilbao Ogando, que incidiu cos escolares nos beneficios que reportan á saúde un exercicio físico habitual, evitando o sedentarismo e fomentando actividades diarias.

Ponencias sobre sexualidade e nutrición
A continuación, o doutor Hadrián Pernas impartiu ao alumnado e docentes do colexio Sagrado Corazón unha ponencia sobre sexualidade responsable e saudable, na que se destacaron conceptos de educación afectivo-sexual adaptada á adolescencia, aspectos de prevención de infeccións de transmisión sexual, así coma a importancia do respeto, o consentimento e as relacións sanas.

A nutrición para unha vida equilibrada tamén tivo hoxe outra ponencia, impartida pola doutora Paula Sánchez Sobrino, que espuxo aos escolares fundamentos dunha alimentación equilibrada, consellos de interese para interpretar as etiquetas dos productos, así coma mitos alimentarios frecuentes e como desmentilos.

Visita guiada a servizos hospitalarios
Posteriormente ás charlas, o grupo estudiantil e docente do colexio Sagrado Corazón visitou en Montecelo a súa Unidade de Docencia, o servizo de Informática, o servizo de Rehabilitación e Fisioterapia, a área de Hostalería, o laboratorio de Análises Clínicas e o servizo de Mantemento, emprazado nun edificio anexo ao hospital pontevedrés.

Publicacións Relacionadas