HomeVigoNigránO concello de Nigrán fai unchamamento a participar na concentración a prol...

O concello de Nigrán fai unchamamento a participar na concentración a prol de Palestina este luns na Ramallosa

- Anuncio -spot_img

Será ás 20:00 horas no cruce da Ramallosa e está convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina en cidades de toda a comunidade

O Concello de Nigrán chama á veciñanza a participar este luns 2 de xuño ás 20:00 horas na concentración no cruce da Ramallosa ‘contra o xenocidio de Palestina e os seus cómplices’. Baixo este lema a Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina convoca concentracións en 35 vilas e cidades de toda a comunidade. “Hai que parar esta barbarie, estase a cometer un xenocidio ante a mirada de todo o mundo e temos que amosar o rexeitamento absoluto”, considera o alcalde, Juan González, presidente a súa vez do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Publicacións Relacionadas